Os populares condenan que «o PSOE acabara co remanente do Concello» e que «Vilalba Aberta agora no goberno baixe a cabeza ante asuntos que criticaba dende a oposición.
- A portavoz, Sandra López, explica que «o despilfarro destes anos de goberno socialista ten como consecuencia unha paupérrima situación económica do Concello que, á súa vez, deriva no recorte de partidas ás asociacións e ás festas parroquiais»
- «Renda consideraba indignante dende a oposición castigar aos veciños do rural, pero agora as áreas de goberno de Vilalba Aberta recórtanlles as axudas» e «prometían inversións para as estradas municipais, pero só prevén actuar con fondos doutras administracións que era o mínimo que investían gobernos anteriores», expoñen os populares
- A popular desminte á alcaldesa que «criticaba que nos orzamentos da Xunta non había nin un euro para Vilalba, pero no orzamento municipal que ela mesma asina constan ingresos de 3 M€ procedentes da Xunta»