Isabel Faraldo: «O tema da vivenda está arrasando e arrastrando ás familias galegas»
A candidata á Xuntade Galicia Isabel Faraldo, a cabeza de lista provincial de Lugo Ximena Cheda e a voceira estatal de Podemos Isabel Serra mantiveron unha reunión con Stop Desahucios este xoves en Lugo.
Isabel Faraldo: «O tema da vivenda está arrasando e arrastrando ás familias galegas que teñen que investir mais do 40% da súa renda en vivenda en poder soportar a súa hipoteca. Ou cando a alternativa é o aluguer, este subiu máis de un 60% nos últimos anos. Hai que frear como sexa esa escalada de prezos, porque xa vimos de outra época coma esa e a onde nos levou esa situación. Nós entendemos que a solución e aplicar a Lei de Vivenda de Ione Belarra, que sinalaba as zonas tensionadas para destensionalas, que sinalaba o solo público para convertilo en vivenda social. Ademáis, nós levamos no noso programa que o 40% de esas vivendas públicas estean en réxime de aluguer. Esta lei tamén da resposta habitacional en caso de desafiuzMedio Ambiente, Territorio e Vivendaamento».
Ximena Cheda: » En Lugo máis do 30% do parque de alquiler está tensionado, en tódolos barrios de Lugo hai vivenda turística, cando non está estipulado ese tope de canda vivenda turística pode haber. No centro de Lugo non hai pisos de alguer, son todos turísticos. Estes acumulan unha subida de prezos do 9% dende xuño. Hoxe na cidade de Lugo, estamos a pagar case de mínimo uns 600 euros de aluguer. A mocidade non pode emanciparse, están compartindo pisos, co que antes alugban un piso hoxe é case unha habitación».
Isabel Serra: «O acceso a vivenda é un problema grave aqui en Galicia e creo que a candidatura de Podemos Galicia ten as mellores solucións.» » Propostas que teñen que ver con baixar os prezos, e iso se fai aplicando a Lei de Vivenda e aumentando a vivenda pública. Especialmente en Lugo, onde hai 300.000 pisos baleiros, obrigando ás administraciósn e ao goberno que salga en Galicia despois das eleccións a movilizar esa vivenda baleira para que deixe de ser un mecanismo de especulación e subida de prezos. E por suposto acabar cos desafiuzamento sen alternativa habitacional». Tamén afeou á «Conselleira de dixo que non aplicaría a Lei de Vivenda e quere facer un recurso contra ela. Esto manda unha mensaxe ás galegas e galegos que teñen que votar a unha candidatura como é Podemos Galicia que defende o dereito á vivenda».