Candia avanzou que un dos compromisos de Rueda con Lugo é construir novas vivendas públicas cando o Concello entregue os terreos

por Redacción Lugo

Nos dous encontros que se celebraron hoxe coa veciñanza da zona centro e tamén da contorna dos barrios da Residencia e o Castiñeiro.

  • A popular explicou que o PSOE, retrasa de forma  intencionada a cesión de parcelas para facer vivenda pública en Lugo indicando que “a  Xunta de Galicia continúa á espera de que o Concello ofreza unha ubicación idónea para poder facer novos edificios”
  • Logo de usar esta cuestión na campaña de maio de 2023 para axitar o barrio do Castiñeiro, o goberno local segue sen dar pasos poñendo en risco case 8 millóns de euros, dos que 2,8 proceden de fondos europeos para executar vivenda pública no municipio.

VIVENDA PÚBLICA EN TINERÍA

  • Elena Candia desacreditou aos socialistas polas súas falsidades explicando que grazas aos gobernos da Xunta do PP se avanzou na rehabilitación da Tinería aproveitando instrumentos como a área rexurbe para adquirir unha trintena de inmobles abandonados, algúns en situación de ruínas, en novas vivendas
  • Dicir que o Partido Popular non fixo vivenda pública en Lugo é unha falsidade. En Lugo temos feitos que tiran por terra as MENTIRAS DE PSOE E BNG:
  1. Rehabilitáronse uns 30 edificios adxudicáronse 70 vivendas e se promoveu unha vintena de locais comercias malia os constantes atrancos do Concello

2.Tamén neste momento a Xunta tramita os contratos para a redacción dos proxectos de construción de 146 novas vivendas de promoción públicas en Garabolos cun orzamento de 21 Millóns de euros.

  • Por último concluía que “o PSOE non é quen de dár leccións cando en Lugo propiciaron  o modelo Besteiro de urbanismo á carta cuxo expoñente máis claro foron as torres do Garañón
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario