Un total de 92 concellos percibirán axudas de entre 19.000 e 75.000 euros para a contratación de persoal dedicado a servizos básicos municipais
A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a resolución de concesión das axudas do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que permite aos concellos coruñeses contratar a persoas desempregadas para a prestación de servizos básicos municipais.
Este ano, un total de 92 concellos coruñeses recibirán 3.547.620 euros para contratar a máis de 400 persoas durante un período máximo de un ano.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o «carácter social» desta liña do PEL, que «prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral» e que supón tamén «unha aposta polo mundo rural», xa que o 84% dos fondos (2.964.193 €) concédense a municipios de menos de 20.000 habitantes, proporcionando aos concellos máis pequenos os medios humanos necesarios para poder ofrecer servizos municipais de calidade. «Cremos no rural e con este programa axudamos a crear postos de traballo e a mellorar os servizos públicos que os concellos ofrecen á veciñanza», afirmou o presidente.
As persoas con maior dificultade para atopar traballo serán a prioridade
Á hora de seleccionar o persoal, os concellos deberán aplicar criterios sociais e dar prioridade á inserción de persoas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo.
Así pois, beneficiarase a persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión laboral ou mulleres. Ademais, dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.
Entre 19.000 e 75.000 euros por concello
Os importes que reciben os concellos de menos de 50.000 habitantes varían en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas en cada concello entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, oscilando as contías entre os 19.000 e os 52.000 euros. Pola súa banda, os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optan a unha contía única de 75.000 euros.
Os operarios e operarias, deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas. As axudas destinaranse a sufragar os custos salariais, de Seguridade Social, as indemnizacións por fin de contrato e a formación en materia de prevención de riscos laborais das novas contratacións.
Desde a súa posta, a liña de PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 3.741 persoas desempregadas da provincia.
Aberta a solicitude das liñas PEL para pemes, emprendedores e autónomos
PEL-Concellos é unha das liñas PEL, que contempla tamén tamén axudas para a contratación de persoal en pemes e microempresas, para investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios, para apoiar o emprendemento e para sufragar ás cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos da provincia da Coruña.
A convocatoria para acceder a estas outras liñas de axudas do PEL para pemes, microempresas, emprendedores e traballadores autónomos está aberta ata o 22 de febreiro.
Máis información en www.dacoruna.gal e www.pel.gal
SOLICITUDES PEL-CONCELLOS 2024 CONCEDIDAS
| COMARCA DO BARBANZA | 469.700,21 € |
| Boiro | 52.000,00 € |
| Carnota | 37.000,00 € |
| Lousame | 28.000,00 € |
| Mazaricos | 30.999,44 € |
| Muros | 46.000,00 € |
| Noia | 49.000,00 € |
| Outes | 37.000,00 € |
| Pobra do Caramiñal, A | 46.000,00 € |
| Porto do Son | 43.000,00 € |
| Ribeira | 52.000,00 € |
| Rianxo | 48.700,77 € |
| COMARCA DE COSTA DA MORTE-BERGANTIÑOS | 590.714,19 € |
| Cabana de Bergantiños | 37.000,00 € |
| Camariñas | 39.747,78 € |
| Cee | 49.000,00 € |
| Cerceda | 37.000,00 € |
| Corcubión | 27.975,51 € |
| Coristanco | 46.000,00 € |
| Dumbría | 37.000,00 € |
| Fisterra | 37.000,00 € |
| Laracha (A) | 49.000,00 € |
| Laxe | 37.000,00 € |
| Malpica de Bergantiños | 40.000,00 € |
| Muxía | 36.990,90 € |
| Ponteceso | 40.000,00 € |
| Vimianzo | 40.000,00 € |
| Zas | 37.000,00 € |
| COMARCA DE CORUÑA-AS MARIÑAS | 775.516,90 € |
| Abegondo | 37.000,00 € |
| Aranga | 25.000,00 € |
| Arteixo | 52.000,00 € |
| Bergondo | 42.917,67 € |
| Betanzos | 51.860,40 € |
| Cambre | 49.336,53 € |
| Carral | 40.000,00 € |
| Coirós | 25.000,00 € |
| Coruña (A) | 75.000,00 € |
| Culleredo | 49.402,30 € |
| Curtis | 31.000,00 € |
| Irixoa | 22.000,00 € |
| Mesía | 25.000,00 € |
| Miño | 43.000,00 € |
| Oleiros | 52.000,00 € |
| Oza-Cesuras | 37.000,00 € |
| Paderne | 25.000,00 € |
| Sada | 52.000,00 € |
| Sobrado | 22.000,00 € |
| Vilasantar | 19.000,00 € |
| COMARCA DE FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL | 782.000,00 € |
| Ares | 43.000,00 € |
| Cabanas | 31.000,00 € |
| Capela (A) | 25.000,00 € |
| Cariño | 37.000,00 € |
| Cedeira | 43.000,00 € |
| Cerdido | 25.000,00 € |
| Fene | 52.000,00 € |
| Ferrol | 75.000,00 € |
| Mañón | 22.000,00 € |
| Moeche | 22.000,00 € |
| Monfero | 22.000,00 € |
| Mugardos | 40.000,00 € |
| Narón | 52.000,00 € |
| Neda | 40.000,00 € |
| Ortigueira | 40.000,00 € |
| Pontedeume | 46.000,00 € |
| Pontes (As) | 49.000,00 € |
| San Sadurniño | 28.000,00 € |
| Somozas (As) | 25.000,00 € |
| Valdoviño | 43.000,00 € |
| Vilarmaior | 22.000,00 € |
| COMARCA DE SANTIAGO | 929.688,85 € |
| Ames | 52.000,00 € |
| Arzúa | 34.000,00 € |
| Baña (A) | 31.000,00 € |
| Boimorto | 25.000,00 € |
| Boqueixón | 28.000,00 € |
| Brión | 46.000,00 € |
| Dodro | 31.000,00 € |
| Frades | 25.000,00 € |
| Melide | 43.000,00 € |
| Negreira | 46.000,00 € |
| Ordes | 49.000,00 € |
| Oroso | 43.000,00 € |
| Padrón | 49.000,00 € |
| Pino (O) | 31.000,00 € |
| Rois | 37.000,00 € |
| Santa Comba | 46.000,00 € |
| Santiago de Compostela | 74.688,85 € |
| Santiso | 25.000,00 € |
| Teo | 52.000,00 € |
| Toques | 19.000,00 € |
| Tordoia | 28.000,00 € |
| Touro | 31.000,00 € |
| Trazo | 25.000,00 € |
| Val do Dubra | 28.000,00 € |
| Vedra | 31.000,00 € |
| TOTAL PROVINCIA | 3.547.620,15 € |
Ligazón ao BOP de hoxe coa resolución do programa PEL-Concellos:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/02/12/2024_0000000990.pdf