Isabel Faraldo (Podemos Galicia): «En Galicia hai unha lei de dependencia pobre»

por Redacción Galicia

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024. Isabel Faraldo, candidata á Xunta de Galicia, mantivo unha reunión con representantes do Colexio Oficial de Traballadores Sociais, na que tamén estivo presente a ex deputada de En Marea Julia Torregrosa. Faraldo destacou que «os 64 puntos de reivindicacións» publicados polo Colexio son «asumidos totalmente» e os «moitos puntos de conexión co noso programa que é case xa voso», en referencia a entidade.

A candidata morada tamén fixo fincapé en que na comunidade autónoma hai «unha lei de dependencia pobre, con puca amplitude, pouco traballada». Faraldo xa reiterou durante a campaña o problema dos prazos no proceso de valoración para a concesión de axudas públicas, prazos que tildou de «calvario, mentres as familias ven como o seu familiar se vai deteriorando». Asemade, a candidata reivindicou en varias ocasións os inestimentos realizados neste punto polo Ministerio de Dereitos Sociais mentres Ione Belarra estivo ao fronte da carteira.

Por outra banda, Faraldo afirmou que «a saúde mental está absolutamente abandonada» polo gobierno autonómico, «un tema de primeirísima importancia en Galicia, unha comunidade onde o índice de suicidios é tan alto, sobre todo entre a mocidade».  «Temos que botarlle todos e todas moitísimo interés a temas como o que traballa» a entidade, concluiu a candidata.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario