Os candidatos á presidencia da Xunta visitan a Costa da Morte, sen mollarse

por Óscar de Souto

Alfonso Rueda do PP de Galicia foi o primeiro en saltar o albeiro o xoves día 8, cun mitin multitudinario en Carballo co respaldo de todo o aparato do Partido Popular. A Feijó a froita gústalle, deu un percorrido pola feira local.

Unha mala interpretación do anuncio dun mitin político na vila de Laxe, causaba o rumor de que Ana Pontón pasaría por estas terras e ata algún xornal sacou, por erro, esa fake news, pero o famoso mitin do sábado era de membros do BNG de Laxe e outros convidados do grupo nacionalista, pero, sen a presencia de candidata nacionalista á presidencia da Xunta de Galicia.

Ana Pontón estará en Carballo o mércores día dos namorados, San Valentín,14 de febreiro, as 20:00 horas no mercado municipal con Mercedes Queixas, arroupada polo alcalde, Evencio Ferrero, entre outros membros do BNG.

Hoxe, luns día 12, estivo en Camariñas o candidato do Partido Socialista Galego, José Ramón Gómez Besteiro, as 20:00 horas, na Casa da Pedra acompañado de outros membros desta formación. Éxito total, volta o «ruedo». (Esta campaña electoral vai de rodas e ruedas)

Ademais dos múltiples actos dos partidos en mitins por toda a nosa Comarca, destacar esa comida-mitin xa programada coa presencia de Alberto Núñez Feijoó, o venres no último día de campaña, no restaurante do Hotel Ínsua de Cee, cun teléfono aberto a participación neste evento, 666 27 65 22. Mañá pola tarde pecharase a cota para poder participar nesta comida polo número de persoas xa anotadas. Os participantes terán que pasar por caixa e pagar 30 euros por persoa.

O epicentro da loita política das autonómicas elixe Bergantiños e a Costa da Morte como inicio e fin das autonómicas deste 18 de febreiro. E que gane o mellor ou a mellor.

Foto portada. María Rozamontes. Desde Baldaio cara ás Illas Sisargas coa impresionante ondaxe Atlántica polo medio

Comparte éste artículo
1 Comment