Idoia Villanueva: «Durante anos levamos a Europa as atrocidades que comete a Xunta»
A candidata á Xunta de Galicia Isabel Faraldo e a eurodeputada Idodia Villanueva reuníronse coa Plataforma de Afectadas pola Ampliación do CHUAC, colectivo formado pola veciñanza da contorno, que denuncia os problemas que xera o proxecto tal e como está plantexado.
A aspirante morada calificou o proxecto coma «unha ampliación nefasta, con máis de 500 millóns, para crear un hospital bunkerizado, un hospital bloqueado en si mesmo, que ademáis condena a unha serie de familias a unha situación absurda, a ter que deixar as súas casas». Faraldo tamén fixo referencia ao feito de que co modelo proxectado «nun futuro, o hospital non vai poder crecer máis».
Asemade, a candidata denunciou que se están «a tirar ese millóns» do orzamento investido na obra, ademáis de «condenar aos usuarios e profesionais a vivir durante anos nunha situación tremenda de obras a pé de hospital». Tamén fixo fincapé en que a obra «imcumpre todos os requerimentos de accesibilidade da Axenda 2030 e das directrices europeas», polo que agradeceu a eurodeputada Idoia Villanueva a súa presencia e » que isto chegue a Europa»
Pola súa banda, Villanueva revindicou que «durante anos levamos a Europa as atrocidades que comete a Xunta». Citou o caso da Serra de Groba, ao que se referiu como «grandes peloazos de parque eólicos» e afirmou que se «troceaban» á hora presentar os proxectos «para evitar os informes de impactoa mbiental». Tamén fixo referencia a iniciativa realizada sobre Noia, «onde se miraba cara aoutro lado cando se facían verquidos contras as cofradías de pescadores», en referencia a mina de San Finx.
A eurodeputada afirmou que o Partido Popular de Galicia «é coñecido en Europa por realizar grandes pelotazos, ignorando as directivas europeas e os impactos mediambiambientais» e por «repartir estes proxectos entre os amigos do señor Feijóo».