Concentración d@s enfermeir@s de UCI do CHUO baixo o lema: “Por unha UCI de nivel II e non de segunda”

Coincidindo co día internacional do cancro infantil, perante o Centro Hospitalario de Ourense, CHUO, fíxose hoxe unha concentración, convocada pola comisión de centro que representa ao persoal de UCI.
As enfermeiras/os de UCI do CHUO manteñen as mobilizacións e reclaman máis “seguridade profesional e seguridade para o paciente” baixo o lema: “Por unha UCI de nivel II e non de segunda”.
Hoxe este comité de protesta coa súa presencia quixeron trasladar as diferentes administracións as queixas dunha parte dos traballadores do Hospital sobre a súa precariedade laboral, falta de persoal e medios, e en especial, a falta de camas suficientes no departamento de UCI. Non están de acordo cos recortes que sufriu e sufre a sanidade pública en Galicia, e moi en concreto, no seu departamento.

O ???????????????????????????? ???????? ???????????? de Ourense denuncia que a Xunta de Galicia fixo un novo ???????????????????????? no CHUO, que ???????????????????????????????????????? a ???????????????????????????????????????? do persoal e a ???????????????????????????????? asistencial, como así nos trasladan os sanitarios e persoal do centro. Protestas e reivindicacións que non son novas e levan xa anos solicitando.

Comparte éste artículo
No hay comentarios