Os populares piden dar solución aos problemas dos veciños e, especialmente, aos das parroquias.
- Castiñeira explica que «o goberno local debería ter feito obras de soterramento da captación en Cordido fai cinco anos e, como non se fixo, agora temos estes problemas»
- «O único que propón o equipo de goberno ante o tema do abastecemento de auga é subir as tarifas ou, despois de ter case 50 días sen auga ao núcleo urbano de Foz, reducir 60 céntimos por recibo»
- Os populares defenden que «estamos a facer a nosa función como oposición: apoiar aos veciños e trasladando proposicións para mellorar»