Maite Ferreiro sobre o 8M: “Non temos moito que celebrar, e sí moito que reivindicar. Estamos aínda moi lonxe da igualdade real”

por Redacción Lugo

A edil do BNG no Concello de Lugo, Maite Ferreiro, recalcou o carácter reivindicativo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, sumándose á manifestación convocada pola CIG este mediodía en Lugo, co foco posto contra a precariedade e en demanda de traballo digno e igualdade, dado o incremento de todas as fendas de xénero dende que foi aprobada a última reforma laboral.

Ferreiro sostivo que o 8 de marzo é unha xornada para poñerse a carón das mulleres traballadoras e do movemento feminista e facer visíbeis as súas demandas de igualdade e non discriminación. «Os datos amosan que somos as mulleres as que, desde o inicio da nosa vida laboral até a xubilación, padecemos toda unha serie de desigualdades que non teñen causas obxectivas baseadas no desempeño do noso traballo, senón no feito de sermos mulleres. Non temos moito que celebrar, e sí moito que reivindicar. Estamos aínda moi lonxe da igualdade real», concluíu.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario