Xornada de reflexión Olalla Rodil

A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, aproveitou para visitar as actividades organizadas na praza de Augas Férreas pola ‘Asociación de Veciños de Augas Férreas’ na xornada de reflexión previa ás eleccións do 18F. A candidata pasou unha mañá tranquila e acompañada, desfrutando das filloeiras de Cospeito e a música tradicional de A Volta do Agro, ás que pola tarde se engadirán os xogos tradicionais da man de XOTRAMU.

Durante o seu paseo, Rodil quixo lembrar «a importancia de participar no proceso democrático, un dereito fundamental para que todas e todos expresemos a nosa vontade» e animou a «reflexionar durante esta xornada sobre as nosas prioridades antes de tomar unha decisión mañá nas urnas, para que este tempo de reflexión nos axude a escoller o mellor para nós e para o noso País».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios