Maite Ferreiro anuncia a presentación en Lugo da XXV Edición da revista Xistral

por Redacción Lugo

Na mesa de relatores estarán a edil de Cultura e o coordinador da revista, Toño Núñez, mentres que varias poetas recitarán os seus poemas

A axenda cultural da cidade de Lugo acollerá, un ano máis, a presentación da nova edición da revista Xistral. Xistral, que este ano chega á súa XXV edición, foi unha publicación poética luguesa froito do entusiasmo de xuventude dun aínda descoñecido Manuel María, que comezaba a publicar os seus primeiros poemas.

A revista, explicou Maite Ferreiro, «xurdiu dunha época de carencias e atrancos de todo tipo, pero rica en iniciativas arriscadas de escritores e escritoras que loitaron contra a censura». Páxinas escritas por luguesas e lugueses, da capital e da provincia, que se converten en herdanza e lembranza daquelas artistas que foron efémeras pero que merecen ser recordadas, insistiu a concelleira.

Xa na súa XXV Edición, na revista Xistral seguen a participar un grande número de poetas de Lugo ou vinculados dalgún xeito á provincia. No acto deste martes, «plural e aberto», participarán poetas, que «ofrecerán un emotivo recital co que volta a cita anual coa poesía galega, unha canle de difusión para os creadores e as creadoras lucenses e, tamén, un proxecto de referencia para todas as persoas con inquedanzas pola poesía», rematou Ferreiro.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario