Volve o inverno a Galicia con alertas laranxas na costa

por Redacción Galicia

Imos pasar dun marca de temperatura máxima con máis de 25° graos en Pontevedra na xornada de onte , 20 de febreiro, a alerta amarela na xornada de hoxe por mala mar e vento na costa e baixada drástica das mínimas.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín emitido hoxe, ás 11:15 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de COSTEIROS, nivel LARANXa, por MAR COMBINADA do NW de 5 a 6 m, aumentando a 6-8 m pola tarde, e VENTOS de componente W de 50 a 61 km/h (FORZA 7), ocasionalmente de 62 a 74 km/h (FORZA 8), que afectará a partir das 00:00 horas do día 22/02/2024, ao ámbito xeográfico da Coruña (Noroeste) e Lugo, estendéndose a partir das 06:00 horas ao ámbito xeográfico da Coruña (Oeste).

Este mesmo fenómeno afectará a partir 12:00 horas aos ámbitos xeográficos da Coruña (Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas), por MAR COMBINADA do NW de 5 a 6 m, aumentando a 6-7 m pola tarde, e VENTOS de componente NW de 50 a 61 km/h (FORZA 7) ao final do día, estendéndose a partir das 15:00 horas ao ámbito xeográfico de Pontevedra (Miño), por MAR COMBINADA do NW de 5 a 6 m.

Rosa dos ventos, A Coruña. Foto de María Rozamontes

Pasaremos de tempo case de verán a temperaturas propias do tempo invernal e descenderá a temperatura ata os 10° centígrados en moitos puntos de Galicia e neve nas zonas de montaña. Un cambio que será brusco e irá empeorando ó longo desta semana. Recomendacións: ter coidado na beiramar e nas estradas.

Foto portada. Foto de A Coruña, María Rozamontes

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario