Produtores locais e o Restaurante Balarés viaxaron á cidade guipuzcoana da man da Deputación para promocionar o seu traballo no evento «A Coruña cos 5 sentidos»
O emblemático hotel donostiarra «Nobu» foi onte o esceario de presentación de «A provincia que sabe» nunha xornada na que a Deputación da Coruña exhibiu a riqueza turística e gatronómica da provincia, da man de diferentes produtores locais e do Restaurante Balarés, de Ponteceso, que ofreceron a un público profesional produtos de calidade cociñados pola chef Silvia Facal.
A cita comezaba cun showcooking a base de produtos de quilómetro cero como os berberechos do Anllóns, as verdinas de Coristanco, os longueiróns de Fisterra ou o polbo de Mugardos, maridados con vermús Lodeiros, viños da provincia, de Choiva Viños e cervexas de Estrella Galicia. Continuaba coa sobremesa na terraza, a cargo de Cafés Lúa, que aportou os cafés; Licores Bello Blanco, co licor café; queixo Galmesán e a tarta de améndoa de Vila Sen Vento.
Os produtores salientaron a gran oportunidade que supón para eles poder exhibir o seu traballo en espazos tan relevantes e profesionais como este, onde conseguiron contactos comerciais e onde tamén tiveron a oportunidade de darlle visibilidade ás súas marcas ante un sector da restauración con moito interese polos saberes e sabores da provincia.
«Queremos exhibir a nosa provincia en foros moi específicos, da man de chefs e produtores que son a nosa mellor marca», apuntou o vicepresidente. «Neste sentido, Donostia é un mercado moi atractivo, onde mirarnos como sector turístico e gastronómico, e tamén onde vender turismo.