Lugo é a provincia galega con maior porcentaxe de votos ao Partido Popular e que suma máis apoios que PSOE e BNG xuntos

por Redacción Lugo

Elena Candia explicou que os datos reflicten que “os lucenses rexeitan os modelos do besteirismo e do independentismo de socialistas e nacionalistas”

Para os populares resultas significativo que os candidatos doutras forzas políticas “non obtiveran o respaldo da veciñanza dos lugares onde naceron”

Lugo obtén a maior porcentaxe de votos para o PP de Galicia con respecto ás catro provincias: 53,39%, tres puntos e medio máis que  Ourense, cerca de seis ca Coruña e nove e medio en relación a Pontevedra.

Tamén é significativo que o PP na provincia sume 98.803 votos fronte aos 78.420 papeletas que suman o PSOE e BNG, é dicir, máis de 20.000 votos máis para o noso proxecto.

O PP é a primeira forza en todos os concellos da provincia, excepto en tres (en 64 dos 67) que se sitúa como segunda forza; tamén hai que destacar que en 48 municipios superamos o 50% dos apoios (en Friol e Guntín superaron o 70%).

Nese senso tamén insistiu en que Lugo foi a provincia onde menos medrou o voto do BNG pese a formar parte do goberno tanto da Deputación como do Concello da capital. (Lugo +25,16%; Ourense 25,35%; A Coruña 32,66% e Pontevedra 34,69%).

No caso do municipio de Lugo o Partido Popular foi o concello que obtivo o mellor resultado de Galicia “fomos o partido máis votado nas 125  mesas electorais con 26.794 papeletas ;  e tamén a forza política que máis aumentou o seu apoio en todos os distritos cun incremento de 4137 votos con respecto ás eleccións de 2020”.

A popular tamén subliñou que na capital lucense  o PP obtivo 3.366 votos máis que os que acadaron o PSOE e o BNG xuntos. (PP obtivo 26.794 e PSOE+BNG 23.429)

A CAMPAÑA DE CONFRONTACIÓN QUE NON CALOU NA CIDADANÍA

Elena Candia tamén recriminou “a campaña de confrontación con ataques infundados, e desprestixio constante cara a Xunta de Galicia, tanto por parte do PSOE como do BNG” engadindo que “non calaron nin no concello de Lugo, nin no resto da provincia”.

A cidadanía falou de forma contundente “impúxose o sentidiño e a capacidade crítica da veciñanza que non se deixou manipular pese a que socialistas e nacionalistas repetiron de forma reiterada mentiras para intentar que se convertese en realidade”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario