Carmén López: “O abandono e desmantelamento dos espazos de convivencia nas parroquias evidencia o “desinterese” do goberno de Camiña Sarria”

por Redacción Lugo

Os populares advirten do «desmantelamento» do parque de Ferreiros onde «retiraron os columpios hai tempo e aínda continúan sen repoñer, igual que en Belante onde hai un acordo do Pleno para a instalación de elementos para nenos e adultos e a pesar diso continúa totalmente desmantelado a día de hoxe»

O Grupo Municipal do Partido Popular aprecia “desinterese” no goberno de Camiña Sarria polos espazos de convivencia nas parroquias do municipio á vista do seu “abandono e desmantelamento”. É o caso de Manán onde a herba impide o uso dos elementos de xogo no parque infantil situado ao lado do antigo colexio a onde acoden nenos e nenas a actividades que acolle de forma periódica.

A portavoz popular, Carmen José López, amosa a súa preocupación ao respecto porque “pode supoñer un perigo” porque pode xerar incluso “insalubridade”. Así, urxe ao goberno local a actuar na limpeza, roza e acondicionamento dos espazos públicos, tanto parques infantís, como zonas verdes ou outros espazos de lecer. “Xa temos reclamado máis atención a estas zonas noutras ocasións: en setembro do ano pasado e en marzo deste ano”, lembra a popular.

López subliña que “estamos a mediados de maio xa houbo días de tempo e os veciños non poden disfrutar dos espazos públicos que actúan como zonas de reunión”. Nese sentido, cre que “é unha pena que por non levar a cabo pequenos traballos de mantemento os veciños e veciñas non dispoñan destas zonas que están inutilizables pola maleza”.

Desmantelamento

Os concelleiros populares fanse eco da queixas dos veciños polo estado deste parque infantil e lembran tamén o desmantelamento do parque de Ferreiros onde se “retiraron os columpios hai tempo e aínda continúan sen repoñer, igual que en Belante onde hai un acordo do Pleno para a instalación de elementos para nenos e adultos e a pesar diso continúa totalmente desmantelado a día de hoxe”.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario