Ampliada a alerta vermella no litoral galego

por Óscar de Souto

Mantense activada a alerta vemella nos litorais costeiros de A Coruña e Lugo na xornada de hoxe, venres 23 de febreiro, por mar intenso e polo estado de mar grosa con olas de ata os 9 metros de altitude e advírtese do risco a poboación de achegarse demasiado a beiramar e será de nivel laranxa na costa de Pontevedra. Dende o 21noticias xa informamos destas alertas dende o primeiro instante da súa notificación oficial, mais hoxe, a Axencia Estatal de Meteorioloxía amplía esta alerta vermella para a xornada de mañán, sábado 24 de febreiro, para todo o litoral galego por mar combinada do noroeste de 8 o 9 m. e vento do Oeste de 50 a 61 km/h (fuerza 7), ata a madrugada, ocasionalmente 62 a 74 km/h (fuerza 8) ata medianoite. Con especial incidencia entre as 00:00 horas ata as 17:59 horas deste vindeiro sábado.

Xa para o domingo 25 a alerta manterase activa a alerta laranxa para todo o litoral galego tamén por fenómenos costeiros adversos, vento e mar.

 A imaxe do satélite é moi reveladora. Todos eses puntiños brancos son chaparróns que son os que están a entrar de continuo en Galicia, deixando, por veces, fortes saraibadas e tamén treboadas. As nevaradas seguen por riba dos 800 metros. Seguiremos con estes chuvascos ata mañá a primeira hora da tarde.

Xa que, na segunda metade do sábado, como indica o prognóstico para a fin de semana, temos que agardar a chegada dunha fronte que fará elevar as temperaturas e tamén, por suposto, subir a cota de neve, mentres que as chuvias se volverán persistentes en toda a comunidade galega.

Fotos de : Enrique Rivas

Fuente Redmeteo

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario