Día tráxico nas estradas de Galicia con dous mortos e varios feridos

por Jose Petalos Caranza

Nun dos turismos viaxaban un home, que faleceu e que tivo que ser excarcerado polos Bombeiros, e unha muller que resultou ferida grave. 

O condutor do outro turismo tamén tivo que ser trasladado, aínda que segundo a información recibida no 112 Galicia, o seu estado non parecía revestir gravidade. 

Dez minutos antes das sete desta tarde, un particular contactou co 112 Galicia para informar do accidente. Indicaba que se trataba dun choque entre dous vehículos e un camión, na AC-400, quilómetro 33,5, en Andoio, no termo municipal de Tordoia. Ao seu relato engadía que nun dos turismos había dúas persoas que non se movían. 

A partir de aí, os xestores do 112 puxeron en marcha un dispositivo de intervención formado polo Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Ordes, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e persoal do Servizo de mantemento da estrada. 

Nada mais chegar ao lugar dos feitos, os servizos de emerxencias confirmaron que nun dos vehículos viaxaban un home que estaba falecido e atrapado no interior do turismo, e unha muller que foi evacuada polo persoal sanitario en estado grave. O condutor do outro vehículo tamén foi trasladado, aínda que segundo a información recibida no 112 Galicia, o seu estado non parecía revestir gravidade. O condutor do camión resultou ileso. 

Os Bombeiros confirmaron ao 112 que, finalmente, non foi preciso o uso do material de excarceración para liberar ao falecido. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario