Accidente na A-6 tras bater un vehículo contra unha árbore caída na estrada

por Óscar de Souto

A árbore caída na A-6, quilómetro 544,5, en Vilarraso, provocou que outros catro vehículos que circulaban nese intre por esa estrada tamén se viran afectados causando danos materiais

A condutora do vehículo inicial foi quen, sobre as dúas e media desta pasada madrugada, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que chocara contra unha árbore, antes do viaduto do río Mandeo.

Desde o 112 Galicia pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía. Cando os axentes de Tráfico chegaron ao punto solicitaron ao 112 Galicia a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e indicaron que a condutora tras bater contra a árbore rematou caendo no outro sentido de circulación da estrada e provocou que outros catro vehículos se viran afectados. Pese a todo, os axentes comunicaron aos xestores de emerxencias que, en ningún momento, houbo que interromper a circulación nesa vía.

Con todo, o Persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o traslado de tres persoas ao centro hospitalario de referencia, que, segundo a información recibida no 112 Galicia serían os tres ocupantes do vehículo inicial, unha muller e os seus dous fillos menores.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario