Ameijide: “O desguace que Tomé montou na nave de Begonte pode supoñer unha forte sanción á Deputación por abandono de residuos”

por Redacción Lugo

O popular sinala que a parcela está sen pechar, polo que calquera pode acceder a un recinto “moi perigoso” no que hai un pozo aberto e elementos perigosos para a integridade de calquera persoa

A situación na que José Tomé, o PSOE e o BNG manteñen a nave da Deputación en Begonte é obxecto dunha investigación por parte das autoridades que pode supoñer unha forte sanción para o ente provincial por abandono de residuos.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que esta parcela “é un grave perigo” para calquera cidadán xa que “está sen pechar, polo que calquera pode acceder ao recinto, no que hai un pozo aberto, un catamarán tirado no exterior da nave, destrozado, como se dun desguace se tratase, ademais de outros tipos de residuos”. “Esta situación provocou unha investigación por parte das autoridades e pode que supoña unha sanción para a Deputación de Lugo por abandono de residuos”, afirmou.

Dende o Grupo Provincial Popular esiximos “respecto, traballo, dignidade e coidado polas propiedades provinciais para que se poñan a disposición dos veciños porque o que se ve nesta parcela é totalmente insalubre e non se pode permitir”.  “Isto non se lle permite a ningún particular, pero así é como tratan José Tomé, PSOE e BNG as propiedades de todos os lucenses”, sentenciou.

A realidade é que o único que fixo a Deputación foi desbrozar a finca debido á presión exercida polo Grupo Provincial Popular e ás notificacións do Concello de Begonte.

Dende o Grupo Provincial Popular defenderase unha iniciativa no pleno do martes para coñecer que pensa facer José Tomé co catamarán que ten tirado nesa parcela e que está totalmente desguazado.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario