ADEGA convoca o voluntariado a unha nova xornada de eliminación de especies invasoras no río Tea

por Redacción Pontevedra

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, convoca unha nova actividade de voluntariado para a eliminación de especies exóticas invasoras no río Tea, ao seu paso polo concello de Mondariz. Esta xornada terá lugar a fin de semana dos días 1, 2 e 3 de marzo e para inscribirse nel é necesario cubrir o formulario dispoñible na páxina web de www.adega.gal ou escribir un correo electrónico a maria.amigo@adega.gal.

Con esta nova actividade, ADEGA continúa, no marco do Proxecto Fluviatilis, coas actividades de xestión e control da flora exótica invasora co obxectivo de dar a coñecer os problemas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais e facilitar a participación da cidadanía na súa xestión a través de accións de voluntariado ambiental, para promover actitudes e comportamentos que redunden na mellora dos ríos.

O LIC Río Tea é, en concreto, unha das áreas de actuación propostas por ADEGA para levar a cabo estas accións a través das xornadas de voluntariado. Alí continuarase cos traballos de eliminación das especies

Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Phyllostachys spp., Phytolacca Americana, Robinia pseudoacacia e Crocosmia x crocosmiiflora nunha zona de alto valor ecolóxico. A actividade tamén estará dirixida á selección de metodoloxías de eliminación de EEI adecuadas que permitan abordar con éxito as futuras actuacións de restauración dos ríos e a implantación de solucións baseadas na natureza.

As actividades, tanto de xestión e control das EEI como de educación, sensibilización e voluntariado ambiental, dirixidas a distintos públicos son unha das propostas do Proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

A actividade de voluntariado terá o seguinte programa e contidos: VENRES 1 MARZO

18:00h Recepción do voluntariado no Albergue Alentea

19:00h Formación sobre a problemática das especies invasoras Xestión ambiental das EEI en espazos fluviais: liñas de actuación e mecanismos de control

21:00h Cea

22:00h Tempo de ocio

SÁBADO 2 MARZO

9.00h Almorzo

10.30-13.30h Traballos de eliminación 14.00- 15.30h Xantar de campo e descanso

15.30-18.00h Continuación dos traballos de eliminación e regreso ao albergue

21.00h Cea

22.00h Tempo de ocio

DOMINGO 3 MARZO

10.00h Almorzo

11.00 Posta en común e avaliación dos traballos realizados 14.00h Xantar de campo

15.00h Ruta polo río Alén

18.00h Despedida e clausura do campo de voluntariado

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario