A Deputación de Ourense colabora coa Xunta nunha área de estacionamento segura e protexida no polígono de San Cibrao

por Redacción Ourense

O presidente provincial, Luís Menor asinou hoxe o convenio de colaboración co presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alfonso Rueda; e co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, José Antonio Rodríguez, para a execución desta nova infraestrutura

A posta en marcha desta área contribuirá a “ofrecer un mellor servizo aos profesionais do transporte de mercadorías, co engadido da perspectiva de xénero a través de servizos especialmente destinados ás mulleres, un aspecto que axudará a rachar coa visión dun sector fortemente masculinizado”, salientou o presidente provincial

A Deputación financiará o 40 % (200.000 euros) dun investimento total que ascende a 500.000 euros. A Xunta achegará o 60 % restante

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario