O goberno local vota en contra de que a Xunta, CHMS e Concello traballen de forma conxunta para dotar a Lugo dun espazo de baño público

por Redacción Lugo

A voceira popular, Elena Candia, considera «inexplicables os argumentos do goberno local para xustificar o seu voto».

·        O goberno local votou no pleno deste xoves en contra de que a Xunta de Galicia, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Lugo avancen no proxecto para dotar a Lugo dun espazo de baño público.

·        O Grupo Municipal Popular propoñía, a través dunha emenda, que as distintas administracións con potestade sobre a conca fluvial traballaran conxuntamente para buscar a alternativa máis viable para que a cidade dispoña de zona de baño público.

·        A voceira popular, Elena Candia, considera «inexplicables os argumentos do goberno local para xustificar o seu voto» e cre que con esta acción «xustifican que só lles interesa para debate político».

·        A popular subliña que «o goberno local ignora o informe da UNESCO» que no seu informe sobre o proxecto de construción dunha praia fluvial na zona núcleo da Reserva da Biosfera de Terras do Miño conclúe que  «se pode poñer en risco a continuidade das distincións especiais da Unesco que atesoura o Concello de Lugo».

·        Candia dixo durante a sesión plenaria que «os lucenses deberían ter dende fai moitos anos un espazo de baño público» e amosou «man tendida»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario