Onte xa avanzamos que a alerta amarela íase poñer de cor laranxa, e que o estado do mar empeoraría, e fai falla acudir os novos satélites para ollar a nosa leira dende os ceos porque aquí, tan cerca das Illas Sisargas, estou na verza pero non vexo o resto do coleiro.
Son as imaxes de Sorrizo as que falan por si soas e conta que o mar está enfadado tamén en Arteixo. Porque mentres a AEMET anunciara xa adversos en todo o litoral galego acadando forza 7 e ata forza 8, dende esta tranquila estampa na miña xanela, cun orballo, algo de frío, e o mar bruando nas Illas Sisargas, non notei o temporal destas horas. Mais cando avisan será que ademais do mar algo está aínda por chegar igual ó longo do día, mais mentres escampa mándovos estas fotos que nos deixou a xornada de hoxe porque falan mais as imaxes que as palabras. Ea si empeza o mes de marzo, entre que escapa e chove, que vou e que non vou.
Fotografía portada: María Rozamontes