Neve, choiva, frío e ondas na primeira fin de semana de marzo

por Jose Petalos Caranza

A nova masa de aire que chega trala fronte é moi fría e traerá un progresivo descenso das temperaturas.

Chuvascos dispersos, con saraiba e algunha treboada e neve en cotas mínimas sobre 600-700 metros a partir da tarde nas zonas de montaña de Lugo e Ourense.
O máis significativo do vento estaba indicado para esta pasada madrugada entre as 00:00 h e as 6:00 horas con especial incidencia na costa norte da Coruña e na zona da Costa da Morte en nivel de alerta amarelo. Mantense a alerta laranxa en todo o litoral galego por mar grosa na xornada de hoxe 2 de marzo, sábado, e diminuíndo os adversos nas vindeiras xornadas.

Foto cámara TVG O Cebreiro

Xa neva con ganas na Estación de Cabeza de Manzaneda. Están previstos acumulados de 10 centímetros en 24 horas. E ata 15 centímetros no caso da montaña de Lugo.
Os refachos de vento superaron os 120 km/h na Mariña. Agárdase que vaia amainando nas vindeiras horas. Acumulados de 40 litros/metro cadrado de choiva esta madrugada nalgúns puntos de Galicia polo paso dos restos desa fronte.

Foto portada. de María Rozamontes. Mar de Barrañán, Arteixo, nas pedras do Esteiro resistindo impertérritas os embates do vagallón campal.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario