Os populares lembran que desde o ano 2019 PSOE e BNG venderon solucións para a Protectora de Animais pero a realidade é que “non hai nin proxecto, nin plan B o único que hai son promesas baleiras e animais desamparados”
- O Grupo Popular de forma proactiva intentou, sen éxito, que nos orzamentos para 2024 figurase unha partida de fondos propios do Concello de Lugo para mellorar as instalacións da Protectora “por iso rexistramos unha emenda para que os 800.000 € dos hortos ecolóxicos se destinasen á estas instalación que atravesan un momento crítico”
- Semella unha broma de mal gusto que o BNG diga que a cabalgata de reis recreará un espectáculo para concienciarnos de que hai que conservar o medio ambiente cando eles son os primeiros en incumprir ese compromiso
- PSOE e BNG demostraron que non teñen vontade para axudar aos animais da protectora rexeitando a emenda que presentou o Grupo Popular para que os 800.000 € que destinan para facer hortos urbanos se adicasen a mellorar esta instalación que hoxe está ao límite
- Os populares recriminan que PSOE e BNG prioricen outros gastos sobre a mellora da protectora de animais aclarando que “invisten en enterrar aos cans que morren cunha dotación para facer un cemiterio de mascotas, mentres que se negan a salvar aos animais que están vivos
- Os nacionalistas foron cómplices neste ano 2023 “da tala inxustificada de árbores en rúas da cidade e no aparcadoiro de Santa María; avalaron o despilfarro enerxético para quentar as caldas do Miño, unhas instalacións que apenas se usan e son incapaces de manter zonas verdes con plantas e arbustos en barrios como por exemplo en Lamas de Prado onde a zona axardinada está seca e abandonada