Ecoloxistas en Acción leva á fiscalía ao Secretario xeral para o deporte por agochar información pública

por Redacción Galicia

O 25 de xaneiro de 2024 Ecoloxistas en Acción Galicia formulou solicitude (rexistrada co número 2024/T-00059) para obter copia do informe da CHMS respecto a declaración de PIA ao proxecto GS360 promovido polo Real Club Celta S.A.D., de conformidade do dereito de acceso á información pública ao abeiro da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e do artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (LTAIBG).

Por Resolución do Secretario Xeral para o Deporte, D. Jose Ramón Lete Lasa, de 19 de febreiro de 2024, inadmitiuse a solicitude de acceso a información pública realizada por Ecoloxistas en Acción, a pesar de que o artigo 12 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno, sinala que: «Todas las personas tienen derecho a acceder a la información pública, en los términos previstos en el artículo 105.b) de la Constitución Española, desarrollados por esta Ley. Asimismo, y en el ámbito de sus respectivas competencias, será de aplicación la correspondiente normativa autonómica».

Ecoloxistas en Acción Galicia entende que a resolución do Secretario Xeral para o Deporte resulta absolutamente arbitraria, contraria a dereito de xeito evidente, tendo como única motivación poñer impedimento no acceso á información a esta Asociación dado o seu activismo, molesto para os promotores do PIA e as Administracións cómplices. 

«Temos claro que o Secretario xeral para o deporte agochanos a propósito esta información para obstaculizar o noso obxetivo da defensa ambiental dos montes comunais de Mos que se verán gravemente afectados polo proxecto GS-360″, declara Eloy Pérez, coordinador de Ecoloxistas en Acción, quen ademais que é «o propio Secretario xeral é quen promueve a declaración de Interese Autonómico ao proxecto GS360 para poder expropiar terreo forestal de especial protección»

Ecoloxistas en Acción cree que os feitos poden integrar un delito de prevaricación do art. 404 do Código Penal, e por iso solicitaron á Fiscalía que abra dilixencias e que estime se os documentos aportados son indiciarios da comisión dun delito ou dalgún outro tipo de responsabilidade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario