O portavoz provincial advirte das deficiencias desta instalación que demostra a falta de apoio da Deputación de Lugo ao piragüismo lucense
- «No referente ao pantalán, retirado fai anos pola perda de permiso, non se fixo nada para a súa reposición, a estrutura de acceso de formigón está socavado polas crecidas do río e o edificio da escola presenta desconchóns na pintura exterior e humidades totalmente insalubres no interior que obrigaron a pechar un dos vestiarios», explica o popular.
- Ameijide esixe unha mellora da imaxe da escola e garantir a seguridade dos usuarios, mellorando o interior do edificio e reforzando a estrutura de formigón do pantalán e renovando os accesos ao río: «calquera remeiro pode confirmar a incomodidade de acceder cos distintos tipos de embarcacións ao río polo pequeno tamaño da actual plataforma»
- «Agora entendemos por que o bigoberno da Deputación non nos deixa visitar as instalacións provinciais: non queren que vexamos as súas vergoñas», segundo considera Ameijide que cre que «o pantalán retirado se atopa depositado nas instalacións do Parque Móbil da Deputación»