O PP pide o amparo da Valedora do Pobo “por boicotearnos a entrada ao Auditorio”

por Redacción Lugo

Enrique Rozas: “Todo apunta a que as dúas peticións que diriximos á alcaldía, ou ben, foron destinadas a outros departamentos de forma intencionada para dilatar no tempo a visita, ou ben, non chegaron ao seu destino por falta de comunicación entre departamentos do PSOE e do BNG”  

Enrique Rozas manifestou que “dicir que non recibiron dúas peticións dirixidas á alcaldía, para visitar esta dotación cultural, non é crible” e que esta situación podería ser outro indicativo “das trabas que este goberno local pon ao labor de fiscalización”.

O vicevocerio popular manifestou que “a realidade é que o concello de Lugo está a impedir de maneira reiterada o labor de control  á oposición coa obstrucción ao acceso ás inistalacións municipais, demoras indebidas a acceso de expedientes ou coa negativa á entrega de copias dos mesmos”.

Sobre o caso do veto a entrar no auditorio o popular abondaba que  “resulta difícil crer que houbera un erro reiterado á hora de derivar dous escritos do mesmo tema, rexistrados no Rexistro Xeral da Sede electrónica en diferentes datas, xa que trascurriu tempo suficiente para subsanalo e enviar o documento ao departamento de alcaldía que figura no pé de páxina”. 

“Non imos permitir que recurten os dereitos do grupo político con máis concelleiros da corporación e que nos boicoteen de forma habitual no noso labor como oposición e por iso presentaremos en vindeiros días unha queixa á valedora do pobo”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario