PP: «Tomé engana aos veciños para tentar gañar tempo ao non anunciar a contratación para a apertura da residencia de Becerreá»

por Redacción Lugo


Dende o Grupo Provincial Popular e do PP de Becerreá afirman que o único que tenta facer o presidente da Deputación con estes anuncios baleiros «é tentar acumular escusas» para cando se inicie o proceso xudicial contra a Deputación anunciado polo Concello de Becerreá.

Antonio Ameijide é claro e contundente: «a nós non nos van a enganar porque co acordo de hoxe en xunta de goberno seguen paralizando a apertura da residencia ao non licitar a contratación de ningún dos servizos pendentes (mobiliario, equipamento da cociña, persoal…) e a nosa presión non vai a parar ata que os veciños poidan disfrutar desta dotación»

·       Dende o Grupo Popular recordan que a Deputación anunciara que esta residencia estaría operativa antes de 2020 (con 96 prazas de atención a maiores e 40 de centro de día) pero as obras non remataron ata 2021 tras investir 4M€ de todos os lucenses nun edificio que a día de hoxe está pechado sen data de apertura

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario