O PP de Lourenzá fai saber á Valedora do Pobo «a negativa do goberno local a facilitarnos o acceso á documentación e información da actividade municipal»

por Redacción Lugo


Os populares dirixen unha queixa ante esta institución despois de telo solicitado sen éxito en varias ocasións ante o goberno local.

  • Os concelleiros do PP piden que a Valedora admita a queixa, investigue e tome as medidas oportunas ante o que consideran «unha actitude grave por parte dos responsables do goberno municipal»
  • O portavoz, Roberto Díaz, explica que «o goberno local vulnera o noso dereito de acceso á información ao non facilitar o noso acceso de forma electrónica e a través do Programa Gestiona»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario