O PP reclama que se rectifiquen as novas esixencias impostas polo BNG ás comisións de festas nas axudas para contratar actuacións

Tras manter un encontro con representantes de comisións de festas e de dúos dos que se contratan para as sesións vermoth das patronales dos barrios e parroquias

  • Os populares lamentan que  o BNG siga apostando por impoñer unha cultura sectaria e intervencionista no reparto dos 20.000 € que anunciaron para contratacións musicais puntualizando que “se ben a priori, podería ser unha idea positiva a realidade é outra ben distinta”
  • Segundo nos trasladaron esta mañá, nunha xuntaza cos afectados, os interesados en conseguir os fondos deben pasar o filtro dunha entrevista persoal coa concelleira de cultura e a maiores se condicionan as subvencións a que se fichen agrupacións de folkclore tradicional (1)
  • Compartimos a  indignación e a preocupación das comisións de festas polo cambio, pola porta de atrás das normas de xogo, limitando a capacidade de decisión ás comisións
  • Este é o legado dos 6 días de Rubén Arroxo como alcalde reflexionaban os populares, unha decisión que deixa danos colaterais xa que a estas alturas moitas comisións xa teñen feitas as contratacións e cos requisitos que pide o BNG non van recibir axudas.
  • Para o PP o cambio das regras de xogo supón un uso partidista da institución “ao BNG non lles  importa o perxuizo que supón para ás comisións de festas que teñen xa decidido e contratadas as actuacións musicais e que, por non entrar dentro dos gustos dos nacionalistas, non llas van subvencionar.
  •  As novas regras do goberno local obrigan á comisión a facer unha memoria descriptiva da actuación que queren contratar e se lles dá cita con Maite Ferreiro que é a que autoriza ou non o gasto. Como requisitos para obter a subvención deben contratar a un grupo de gaitas (máis de 4 persoas); un coral para a liturgia e un mago.
Comparte éste artículo
No hay comentarios