Cristina López recibe a un grupo de estudantes do Sagrado Corazón que visitou a Praza para coñecer a importancia dunha boa alimentación

A concelleira responsábel da área de Participación, Cristina López, recibiu na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Sagrado Corazón de Lugo

Este grupo deu continuidade á actividade que a área de Participación vén de poñer en marcha co obxectivo de que as nenas e nenos «coñezan a importancia da alimentación e ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións».

As nenas e nenos realizaron unha visita guiada á Praza, onde coñeceron os distintos productos e a importancia do comercio de proximidade e dos productos ecolóxicos e de KM0.

«Continuamos a traballar para dinamizar a Praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos», afirmou Cristina López, que engadiu  «continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que as veciñas e veciños aposten por eles para realizar as súas compras e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación».

Comparte éste artículo
No hay comentarios