Rubén Arroxo visitou as instalacións da Tambukda

por Redacción Lugo

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, visitou as instalacións da Tambukda onde se está a realizar o curso gratuíto  «explorando o mundo da percusión» co que colabora a área de Cultura e que permitirá a todas as persoas que o desexen «aprender de xeito gratuíto a participar nun grupo de batucada». Ferreiro destacou que «trátase dunha formación de iniciación que permitirá coñecer as bases da batucada, facilitando o achegamento desta forma de expresión artística».

O curso celebrarase nas noites dos xoves, entre as 20 e as 21 horas, dende o 7 de marzo ata o 2 de maio nas instalacións de Tambukda na Estación de Autobuses.

Tambukada é un grupo aberto a toda persoa interesada en aprender batucada. Para isto, contan con varios niveis de formación, desde a iniciación, onde se poede entrar sen tener coñecementos musicais previos. No grupo avanzado trabállanse os bloques e coreografías que o grupo amosa nas exhibicións.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario