O PP alerta do deterioro do Parque Infantil López Mella de Lugo “tras 15 meses pechado porque non se cubre a vacante do encargado que se xubilou en 2022”

por Redacción Lugo

Os populares solicitaron unha visita para comprobar a situación na que está esta infraestrutura xa que, a simple vista, xa se pode comprobar como moito do material que está no exterior está en mal estado (semáforos tirados, verdín en cubertas, borrado sinalización…)

Ata en dúas ocasións o PP presentou preguntas a comisión sobre a situación do Parque Infantil López Mella: en setembro o voceiro do BNG Rubén Arroxo afirmou que “solucionarían a situación o antes posible e que cubrirían a praza do monitor engardado que se xubilou en decembro de 2022” na comisión de decembro insistiron en que “os procesos administrativos son os que son” e que “se tivésemos un botón para que fose máis rápido, sería marabilloso, pero é o que temos”.

O único paso que se deu foi abrir o prazo para cubrir esa vacante e dende que finalizou, o pasado 13 de novembro, pasaron catro meses e non houbo avances e as instalacións seguen pechadas e deteriorándose por falta de mantemento.

Ante o inmovilismo do goberno local levaremos a pleno un ROGO para insistir na posta en marcha desta instalación e tamén queremos saber cando pensan reanudar a programación do parque xa que todo apunta a que este curso tampouco haberá clases de educación vial.

Rozas razoaba “que podemos esperar dun goberno que en 15 meses non foi capaz de contratar a encargado para abrir e organizar a programación do Parque Infantil de Tráfico, co agravante que foi unha xubilación e que o tiñan que ter previsto”.

Enrique Rozas considera escandaloso que a falta de xestión do goberno local “prive, outro ano máis, á cidadanía de participar nos cursos de educación vial” xa que, a estas alturas, e imposible que se organice cos centros escolares a programación na habitualmente participaban 2.000 rapaces e rapazas”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario