O PP propón un aparcadoiro público seguro para 150 camións no polígono das Gándaras

por Redacción Lugo

Os populares presentaron esta mañá aos representantes das asociacións de transportistas e aos empresarios das Gándaras esta iniciativa que suporá habilitar un área de estacionamento con peche perimetral e protexida con servizos destinados aos camioneiros e caminoneiras profesionais

Os populares explican que para que esta dotación sexa unha realidade é preciso impulsar un convenio de colaboración entre o Concello, Deputación, Asociacións de Transportistas (Tradime e Aetram), Asociación de Empresarios de As Gándaras o CEAO e a Xunta.

O Concello de Lugo tería que ceder unha parte do uso dunha parcela de titulariedade municipal de 20.000 metros que está situada no corazón do polígono e que na actualidade ten sinalizadas 800 prazas para vehículos.

Acondicionando unha parte desta área (preto do 50% da parcela), poderían crearse 150 prazas de estacionamento seguro para camións. A instalación tería un peche perimetral; dispositivos de seguridade; iluminación e con vestiarios e aseos separadas para homes e mulleres.

Na reunión que se celebrou hoxe, tanto representantes dos empresarios como dos transportistas, concordaron con que esta dotación se dará un valor engadido ao polígono que contará cun novo  servizo que o fará máis atractivo para os profesionais que están e ruta así como para os proveedores do polígono que gañarían nova clientela.

Tamén indicaron que a seguridade beneficiará a todos “aos camioneiros porque  gañan en tranquilidade e aos cidadáns porque se retirarían os camións que aparcan en diferentes zonas da cidade”.

Como dato indicar que só o 5% dos transportistas profesionais en España son mulleres, e en Galicia non chegan ao  3%. A creación destes aparcadoiro seguros van na liña de atraer ás mulleres a esta profesión.

“Con esta dotación o que queremos é que estes profesionais poidan facer noite e descansar con seguridade e coa maior dignidade posible lembrando como na actualidade moitos transportistas deixan os vehículos na Ronda Norte, ou incluso nalgunha rúa da cidade expostos aos roubos”.

A iniciativa que presenta o Partido Popular a pleno é unha vella demanda do sector que xa intentamos impulsar dende o Concello en anteriores mandatos pero, diante do seu desinterese e da súa falta de sensibilidade con estes profesionais do transporte, vémonos obrigados a acudir a outras administracións que si responden as súas necesidades.

Esta petición responde a unha realidade á que os polígonos lucenses e ás empresas do sector con sede na nosa cidade non son alleos  xa que os camións que pasan noite no polígono das Gándaras e no CEAO foron nalgunha ocasión vítimas de destrozos e de roubos tanto de pezas como de combustible ou, incluso, mercadorías.

As estadísticas da  IRU Organización internacional del transporte por carretera sinalan que o  64% dos conductores profesionais se viron envoltos nalgunha ocasión nunha situación de inseguridade e que o 17% foi vítima dun roubo. Pola súa parte os responsables de Europol afirman que as denuncias só fan referencia a un 1%  dos delictos cometidos.

Segundo a Europol os grupos delictivos que rouban aos transportistas están cada vez máis organizados. En España os atestados da Policía Nacional e a Garda Civil reflicten unha media de 1.500 roubos en vehículos de transporte de mercadorías, dos cales un 50% se producen en áreas de descanso, un 30% en áreas urbanas, un 18% en polígonos industrialesy un 2% en ruta.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario