O PSdG de Rianxo cree insuficiente as actuacións que se están a facer na Escola Infantil de Rianxo.

por Redacción Galicia

O PSdG propúxolle ó Grupo de Goberno de Rianxo en Común, a utilización de parte dos investimentos do Plan de Obras e  Servizos, POS 2024,( o Concello de Rianxo recibiu  máis de 440.000€) a acometer as obras necesarias para solventar os problemas de seguridade que a día de hoxe ten este espazo.

Oscar Rial manifestou a necesidade de acometer con urxencia estas obras, xa que ainda sen ser competencia municipal, o Concello de Rianxo debe ter a responsabilidade cos seus veciños e veciñas e garantizar a seguridade das familias, dos menos e nenas, e de todo o persoal que traballa no centro educativo.

Rial manifestou “sería moi positivo que o Alcalde de Rianxo se sentase a negociar co Concorcio una posible remodelación integral do edificio, solventando as deficiencias estructurais, mellorando os espazos de xogo e atendendo ás demandas da comunidade educativa: equipo directivo e ANPAS, e para iso é necesario disponer dun recursos económicos que permita facer una negociación favorable, para “desatascar este problema de seguridade”, por iso a proposta do PSdG era a utilización de parte dos fondos recibidos da Deputación Da Coruña.

A situación actual do investimento en Escolas infantís chegou a un punto crítico. A falta de recursos adecuados para garantir o benestar e a educación dos nosos fillos é un problema que non se pode pasar por alto. Por iso reclamamos urxentemente ó Concello de Rianxo que se comprometa a negociar co Consorcio para conseguir os fondos necesarios.

As Escolas Infantís desempeñan un papel vital no desenvolvemento temperán dos nenos, proporcionando un ambiente educativo seguro e  sendo ó mesmo tempo un elemento de conciliación familiar importante mentres os pais e nais traballan. Porén, a falta de investimento adecuado provocou unhas malas condicións en moitas destas instalacións, poñendo en risco a calidade da atención que reciben os nosos fillos.

Entendemos as limitacións orzamentarias que poden existir no noso Concello, pero a educación e o coidado dos fillos non se poden sacrificar en aras da austeridade. Por iso instamos ó Concello de Rianxo a priorizar o investimento e a traballar en colaboración co Consorcio

É fundamental que se destinen recursos non só para manter en óptimas condicións as instalacións existentes, senón tamén para ampliar a capacidade das Escolas Públicas e mellorar os programas educativos ofertados. Só así poderemos garantir un futuro prometedor para as xeracións vindeiras.


Comparte éste artículo
Escribe tu comentario