O socialista Luis Vázquez renuncia á súa acta no Concello de Arteixo

por Redacción A Coruña

O concelleiro socialista presentará oficialmente a súa renuncia esta semana por motivos laboráis despois de 11 anos na corporación municipal

O concelleiro socialista, Luis Vázquez ven de comunicar a súa decisión de renunciar á acta de concelleiro na corporación municipal do Concello de Arteixo

Vázquez explica que é unha decisión que toma “obrigado polas circunstancias laboráis” que lle impiden compatibilizar o seu labor de concelleiro coa actividade profesional como viña facendo desde 2013 cando tomou posesión por primeira vez da súa acta.

“Quero destacar o labor dos magníficos compañeiros e compañeiras cos que tiven a sorte de traballar todos estes anos, e agradecer a confianza dos veciños e veciñas de Arteixo que depositaron o seu voto para o proxecto socialista e que merecen a nosa dedicación”  indica o edil socialista ao tempo que asegura que seguirá traballando na Comisión Executiva Local que dirixe Martín Seco.

Luis Vázquez tamén reivindicou o traballo dos grupos da oposición a pesar das trabas do grupo de goberno. “Os membros da oposición temos a responsabilidade de fiscalizar a xestión do goberno, pero para iso precísanse medios”

Luis Carlos Vázquez

Luis Carlos Vázquez é concelleiro desde 2013 trala renuncia de Luis Figueroa, Nado en Camariñas, leva máis de 30 anos residindo en Arteixo donde realiza a súa actividade profesional como veterinario.

Tamén é membro da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario