O alumnado do Luis Seoane planta 12 árbores polo Día da árbore

por Redacción A Coruña

Con motivo do Día da árbore, o alumnado do Colexio Luis Seoane plantou esta mañá 12 novas árbores nas zonas verdes públicas de Canide. O Concello colaborou nesta actividade organizada pola Asociación Veciñal San Cosme Maianca.

Por parte do centro escolar tamén se organizou unha representación teatral, á que asistiron persoas maiores da residencia pública de Oleiros.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario