Olalla Rodil: “A Feira do Queixo e o Pan de Ousá é unha boa mostra do que no rural se pode facer e das potencialidades que temos”

por Redacción Lugo

Olalla Rodil e Montse Valcarcel, deputadas no Parlamento Galego, xunto diversos membros do BNG en Friol, visitaron a 30 ediciónn da Feira do queixo e pan de Ousá

As deputadas no parlamento galego do BNG, Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e diversos membros da organización en Friol visitaron a 30 edición da feira do queixo e pan de Ousá.

Olalla Rodil declarou «a Feira do Queixo de Friol e o Pan de Ousá é unha boa mostra do que Friol é capaz de conquistar, as potencialidades e as oportunidades para desenvolver proxectos de transformación do sector primario son tantas que non podemos deixar que nolas arrebanten».

Neste senso, a deputada nacionalista salientou «para que este pais siga medrando temos que seguir apostando polo noso, desde o BNG defendemos a necesidade de recuperar as terras para poñelas a producir, mais tamén, ordenar o noso monte» e incidiu «non podemos deixar de lado a nosa soberanía alimentar e o apoio a xente moza para dar continuidade nos proxectos ligados á actividade agro-gandeira».

Por outra banda, Olalla Rodil felicitou a todas e todos os produtores que están a traballar cada día para que Friol sexa unha referencia na produción alimentaria de calidade «é un orgullo que nos concellos do noso país haxa xente que transforma o que a terra nós dá,e que continuen co compromiso de producir aquí, e amosar que a tradición, o amor polo propio e bo facer son as chaves dunha sociedade que avanza».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario