Polos datos da AEMET nas distintas estacións meteorolóxicas distribuidas por Galicia podemos ollar que a temperatura máxima era de 10 grados en Pontevedra e unha media de 7 grados no resto da autonomía. Indicar, eso si, unha mínima de 3,3 grados nas montañas entre Lugo e Ourense.
En Cedeira os refachos chegaron ao 154.3 km/h e en Muras ao 153.2 km/
En Carballeda de Valdeorras, algúns refachos alcanzaron o 145 km/h e Viveiro, o 138 km/h, mentres que lugares como Monfero e Carnota, Oia e Manzaneda, os refachos superaron os 120 km/h.
A choiva caeu con bastante intensidade durante toda a xornada de hoxe, aínda que en ningún punto excedeu os 50 l/metro cadrado. Así, a máxima cantidade rexistrada foi a caída en Entrimo, con 46.8 l/metro cadrado. En Ourense, o municipio de Avión notificou 43.7 l/metro cadrado, mentres que o pontevedrés do Porriño quedouse con 40.7 l/metro cadrado.
O 112 Galicia rexistrou, entre as 9:00 e as 18:00 horas, un total de 162 incidencias relacionadas co vento, aínda que a choiva tamén deixou varios incidentes.
Na zona de Marín tiveron problemas coa marea alta desta tarde polo temporal marítimo que sufre a costa galega e coincidiu con mareas vivas. A inundación obrigou esta tarde a Garda Civil de Tráfico a pechar os dous carrís da autovía a Marín. O corte foi xusto entre a rotonda de Ence e o lugar dos Praceres. Xa no baixamar, foi posible que solucionasen o problema e restablecesen o tráfico rodado.
.Foto de María Rozamontes ( Repibelo – Arteixo )