Unha nova representación teatral amplía a programación do Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo

por Redacción Lugo

Tomás, do colectivo SinMenteTeatro, chegará ao Auditorio Municipal Gustavo Freire o 7 de abril

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Cultura, Maite Ferreiro, anunciaron a ampliación da programación teatral do Auditorio Municipal Gustavo Freire cunha colaboración internacional. «Traemos a Lugo unha peza de teatro colombiano, unha pequena mostra do que seestá a facer ao outro lado do charco, das novas linguaxes escénicas iberoamericanas» afirmou Maite Ferreiro, que engadiu «ao longo do ano iremos programando diversos espectáculos de diferentes paises que podan servir como unha fiestra para mirar outras culturas e linguaxes, outros xeitos de facer, intercambiar e aprender».

A compañía colombiana SinMenteTeatro traerá a Lugo o seu espectáculo Tomás. A representación terá lugar o 7 de abril no auditorio Gustavo Freire, e as entradas poden retirarse xa no portal entradaslugo.es.

Sinopse

O sentimento de culpa é un verme que carcome a vida de «Ella». Foi testemuña dun escuro episodio na infancia do seu amigo Tomás, convirtíndose no escudo que amortiguou os traumas. O seu silencio é unha condena que a fixo cómplice e o seu presente faise pesaroso polos recordos que a atormentan. Através da linguaxe corporal, actoral, visual, musical e o manexo de marioneta, esta obra brinda ao espectador unha posta en escena cargada de imaxes e sensacións que transitan entre alegrías e penas.

Idade recomendada: A partir dos 12 anos.

Duración da obra: 45 minutos.

Traxectoria da compañía

Sin MenteTeatro «Colectivo artístico» é unha compañía colombiana independente fundada en febreiro do 2015. Conta con oito obras de teatro das cales manteñen catro en repertorio. Sin Mente teatro percorreu os escenarios e festivais de Colombia, España, México, Chile e Cuba. Foi acreedora de premios e recoñecementosa nivel local, nacional e internacional. A aposta do grupo é a realización de obras teatrais con dramaturxia propia e contido social dando voz a historias particulares a través de linguaxes escénicos de teatro contemporáneo que permitan un máximo goce e reflexión ao espectador aunado con proxectos pedagóxico artísticos para a comunidade. Dúas das súas obras contan actualmente coa publicación dun libro na Editorial MUTIS (Barcelona). No ano 2018 o grupo realiza unha residencia de creación na cidade de Barcelona e no 2019 únese aesta creación o lucense Germán Frasio Montegimeno desempeñando labouras deasistencia de direción. No 2020 radícase en Bogotá, Colombia e ao longo dos seus tres anos de residencia asume a direción de tres pezas teatrais (unha da súa autoría) e tamén é actor noutra das obras de teatro do repertorio do grupo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario