Socialistas e nacionalistas tumbaron a proposición para facer un aparcamento para camións nas Gándaras, a pesar de recoñecer que era unha boa iniciativa, e tamén rexeitaron a iniciativa de axilizar a tramitación de axudas para rehabilitar 57 edificios no casco histórico.
O PP consegue que o PSOE e o BNG voten a favor de axilizar os trámites de licitación e de execución do Plan Paradai. «Agradecemos que socialistas e nacionalistas dixeran alto e claro que se comprometen para avanzar nun proxecto que o Concello bloqueou durante décadas».
· PSOE e BNG apoian a proposición do PP para iniciar o proceso de creación dun CONVENIO COLECTIVO PROPIO para as persoas que se ocupan da limpeza nos edificios do concello de #Lugo . Traballemos para conseguir mellores condicións económicas e sociais para este colectivo. Cumprimos o compromiso que fixemos cos representantes das centrais sindicais de UGT, CC.OO e CIG
· PSOE e BNG votan en contra de habilitar un APARCAMENTO público seguro para 150 CAMIÓNS NAS GÁNDARAS. Incomprensible que socialistas e nacionalistas den a espalda a crear un entorno seguro para que descansen os transportistas tal e como reclamaron Tradime e Aetram. Ao Concello non lle suporía ningún gasto só tería que ceder unha parcela municipal na entrada do polígono.
· PSOE e BNG rexeitan a proposición para axilizar a tramitación das axudas para REHABILITAR inmobles no CASCO HISTÓRICO. A disculpa de que xa están nelo non nos tranquiliza porque ao retrasar a presentación das bases van a apurar os prazos aos interesados. Os antecedentes non nos tranquilizan só hai que lembrar o caso da Milagrosa onde anunciaron axudas inmediatas pero a realidade é que deixaron pasar todos os prazos e, a día de hoxe, non hai nin un euro asignado a esa zona
· Por outra parte o Partido Popular abstívose na votación dos SEIS RECOÑECEMENTOS EXTRAXUDICIAIS DE CRÉDITO. Durante o debate os populares lamentaron o abuso, por parte do goberno local, de contratos menores; de non ter unha visión global porque carecen dunha planificación contable e de ser incapaces de controlar o gasto. A conclusión é que estamos nunha deriva financeira.