José Ramón Gómez Besteiro, no Día do Veciño de Lugo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, compartiu cos lugueses e luguesas o tradicional encontro do Día do Veciño, que este ano acadou a súa 23.ª edición. Baixo o lema “Deixar de loitar é deixar de soñar”, a Federación Veciñal organizou un completo programa de actividades que contou coa presenza, ademais de Besteiro, de numerosos cargos socialistas.

Tras o xantar, entregáronse os galardóns V de Veciño de Lugo, un dos cales recoñeceu o labor da deputada autonómica do PSdeG, Elena Espinosa.

O líder socialista trasladou os seus parabéns á entidade polo éxito da convocatoria, que, como vén sendo habitual, reuniu a máis de 5.000 persoas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Tamén felicitou aos galardoados e galardoadas. Tal como recordou Besteiro, trátase dun encontro que sirve para poñer en valor os movementos veciñais que contribúen á mellora dos barrios, á defensa dos servizos e a construír benestar. A cita é xa un símbolo en toda a provincia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios