Accidente con feridos en Muxía

por Óscar de Souto

A media tarde de hoxe, produciuse un accidente dunha saída de vía dun vehículo, na estrada AC-440, no lugar de (Figueiras de Arriba), no punto quilométrico 12,8.
Un vehículo que circulaba dirección Muxía con tres ocupantes, sae da vía polo carril dereito volteando na cuneta.
Como consecuencia dos feitos resultou ferida leve unha das ocupantes, foi atendida polo equipo de garda, ata a chegada dos efectivos do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia. Unha vez estabilizada, a vítima foi trasladada o Hospital Virxe Da Xunqueira de Cee.
No operativo estiveron o 061 Urxencias Sanitarias de Galicia e a Garda Civil de Tráfico.

Fotos: Protección Civil de Muxía

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario