Nicole Grueira: «O alcalde debe dar explicacións por levar á quebra ao Concello de Pol»

por Redacción Lugo

A voceira popular en Pol ve «incrible» que o rexedor asegure que «non ten nada que dicir» sobre a «preocupante» situación económica municipal xa que «se chegamos a este punto é unicamente pola neglixente xestión que realizou».

Nicole Grueira afirma que o Concello está nunha situación de «colapso económico» derivada «da mala xestión dos recursos municipais por parte dun goberno socialista inoperante»

·       A popular recorda que «a sorte» do alcalde «é ser amigo» do presidente da Deputación xa que «habería que ver se Tomé tamén pagaría as facturas doutros concellos no caso de que chegaran a unha situación de colapso económico como Pol»

·       Grueira critica «o silencio covarde» do rexedor que «está na obriga de dar respostas aos veciños por ser o responsable da crítica situación económica á que levou ao Concello de Pol»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario