O Grupo Popular presenta unha iniciativa para «que Galicia non sexa excluída dos proxectos de modernización anunciados para os treitos entre Xixón e Ribadeo cun investimento de 65M€»; ademais de instar ao Ministerio a recuperar frecuencias, manter a liña e dotala de persoal.
- O deputado advirte que «o Goberno de Sánchez discrimina aos galegos» porque «inviste 128M€ en Asturias e 0€ en Galicia», a pesar de que «a liña que discorre entre Ferrol e Ribadeo é das máis antigas de España e está sen electrificar»
- Balseiro lembra «outra discriminación: os galegos temos que pagar mentres que asturianos a cántabros viaxan gratis grazas a un acordo do Goberno con estas comunidades para compensar o erro na entrega de 31 convois que non collían nos túneles»
- O popular advirte do «desmantelamento» pola «falta de persoal» e a redución de frecuencias nun 60%: «agora hai 4 diarias mentres que no 2018 había 10 e daquela os alcaldes de PSOE e BNG manifestábanse, pero agora parece que quedaron mudos»