Hoxe, sábado, día 6 de abril, na recta de “O Mutilado”, en Centiña, Coristanco resultou ferido un veciño de Muxía tras circular uns 50 metros pola herba da cuneta de par dunha vivenda.
O condutor deste turismo resultou ferido tras saír da vía na AC-552 ao seu paso pola parroquia de Traba, no concello coruñés de Coristanco. Segundo informou o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña, os Bombeiros de Carballo foron alertados ás 11,50 horas deste sábado. O accidentado foi capaz de saír polo seu propio pé do seu coche, pero, tivo que ser trasladado polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital Chuac de A Coruña. Ademais, neste operativo tamén participaron: Garda Civil, GES de Ponteceso e Protección Civil de Coristanco.
Foto portada: Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña