Este é outro exemplo do incumprimento de acordos e a parálise na execución de proxectos dun goberno que suspende en xestión
- O Grupo Municipal do PP mantivo unha xuntanza con representantes da Confraría da Virxe do Carme para trasladarlles a súa preocupación pola falta de avances do convenio co Concello que permitiría acondicionar un aparcadoiro na contorna da igrexa do Carme
- A preguntas do PP, en comisión, se nos indicou que o acordo para materializar este aparcadoiro non se executou porque a obra da reparación da cuberta incrementou o seu custo.
- Hai que lembrar que en febreiro de 2023 o goberno local anunciou que habilitarían estas prazas de aparcamento, nuns terreos situados na parte de atrás da igrexa, logo de suscribir un convenio coa Cofraría da Virxe do Carme que cedeu, por un periodo de catro anos ampliable a un máis, nuns terreos ubicados en Poeta Noriega Varela
- A resposta que nos deu o goberno local certifica que estamos diante doutro proxecto bloqueado, que non se leva a cabo pese as promesas do goberno local “estamos falando dun convenio iniciado en 2021 que logo de tres anos segue sen materializarse”.