O Craega colabora nas xornadas de Intereco sobre greenwashing, que se celebrarán o mércores en Santiago

O hotel monumento San Francisco, situado en Santiago de Compostela, acolle este vindeiro mércores día 10 as xornadas organizadas por Intereco en colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) sobre greenwashing. O evento será na sala auditorio Carlos V.

Ás 9:00 horas terá lugar a recepción dos asistentes e, ás 9:20 horas, o acto de inauguración, da man do presidente de Intereco, Iker Iglesias; do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) da Xunta de Galicia, José Luis Cabarcos, e do presidente do Craega, Francisco López.

Posteriormente levarase a cabo o primeiro dos relatorios do día, a cargo de Aurora Abad, secretary general de OPTA Europe. A súa exposición será sobre as novas regras europeas para protexer os consumidores de alegacións medioambientais enganosas (greenwashing).

A continuación, chegará a quenda da responsable de proxectos internacionais e incidencia en SEAE, Aina Calafat, quen falará sobre o greenwashing. “O greenwashing na alimentación e nas políticas agrarias, impactos sobre o sector ecolóxico” foi o título da súa conferencia.

Logo dunha pausa para o café, retómanse as xornadas con María Agrelo, de Eco-huella, que afondará sobre a comunicación clara e o consumo consciente con respecto ao greenwashing no día a día.

Tras unha quenda de preguntas, o encontro chegará á súa fin coa clausura, onde novamente intervirán o presidente de Intereco, Iker Iglesias; o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) da Xunta de Galicia, José Luis Cabarcos, e o presidente do Craega, Francisco López.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios